Virus da rabia

Para a enfermidade causada por este virus ver rabia.
Rabia

Micrografía electrónica de virións do virus da rabia (partículas con forma de bastón grises escuras) e corpos de Negri (as grandes inclusións celulares características da infección da rabia.)
Clasificación científica
Grupo: V (Virus ARN monocatenario negativo)
Orde: Mononegavirales
Familia: Rhabdoviridae
Xénero: 'Lyssavirus'
Especie: ''Virus da rabia''

O virus da rabia é un virus neurotrópico do xénero Lyssavirus que causa a enfermidade fatal da rabia en animais e humanos. A transmisión do virus da rabia adoita ocorrer a través da saliva de animais.

O virus da rabia ten unha morfoloxía cilíndrica e é a especie tipo do xénero Lyssavirus da familia Rhabdoviridae. Estes virus teñen envoltura e un xenoma de ARN monocatenario de sentido negativo. A información xenética está empaquetada en forma dun complexo ribonucleoproteico no cal o ARN está estreitamente unido ás nucleoproteínas virais. O xenoma de ARN do virus codifica cinco xenes cuxo orde está moi conservado. Estes xenes codifican unha nucleoproteína (N), fosfoproteína (P), proteína da matriz (M), glicoproteína (G) e a ARN polimerase (L).[1] A secuencia xenómica completa vai desde 11.615 a 11.966 nucleótidos de lonxitude.[2]

Todos os eventos de transcrición e replicación teñen lugar no citoplasma dentro dunha "fábrica de virus" especializada chamada corpo de Negri (chamada así en honor de Adelchi Negri[3]). Estes corpos teñen de 2 a 10 µm de diámetro e son característicos (patognomónicos) da infección da rabia e considéranse unha proba histolóxica definitiva desta infección.[4]

  1. Finke S, Conzelmann KK (2005). "Replication strategies of rabies virus". Virus Res. 111 (2): 120–131. PMID 15885837. doi:10.1016/j.virusres.2005.04.004. 
  2. "Rabies complete genome". NCBI Nucleotide Database. Consultado o 29-May-2013. 
  3. WhoNamedIt - Negri bodies
  4. Albertini AA, Schoehn G, Weissenhorn W, Ruigrok RW (2008). "Structural aspects of rabies virus replication". Cell. Mol. Life Sci. 65 (2): 282–294. PMID 17938861. doi:10.1007/s00018-007-7298-1. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search